7.- CHAPELA


Aterramentos e vertidos:
Frioya, Aucosa e Pescanova


Pescanova se expande pola ría e Aucosa rabuña polo monte enchendo de fedores a contorna. Frioya, mentras tanto, adorna a paisaxe costeira de Chapela



Pescanova


Esta empresa pretende ampliar nuns 7.000 m2 o recheo sobre o que se asenta, en augas protexidas pola Rede Natura 2000, e co apoio (deberiamos dicir complicidade) de varios organismos e institucións. Actualmente está realizando traballos previos de dragado nunha zona castigada pola acumulación de metais pesados que, ó remover os fondos, fan estes traballos moito máis perxudiciais e perigosos do que xa son de por si.

A ampliación de este recheo é o "non plus ultra" dos despropósitos. Tempo atrás ampliaron ilegalmente as súas naves frigoríficas. Unha ilegalidade que compartiron co Concello de Redondela, que non tivo reparos en concederlles permisos e bendicións a pesar de que a obra vulneraba as normas urbanísticas de este concello para esa zona.

Velaí, en tres fotos, o que poderiamos chamar unha empresa en expansión:



A loxística: ¡que despiste!

Si, porque como ampliaron tanto as naves frigoríficas, quedaron sen terreos para a loxística. Nesta última imaxe pode verse que as naves case tocan o mar. E agora, claro... ¿como conseguir terreo pronto, fácil e barato? Pois aí precisamente, no mar, aterrando o mar de todos.

O expedinte desta ampliación, tramitado pola Autoridade Portuaria de Vigo, ten varias irregularidades como a de non acompañar o pertinente estudio de impacto ambiental, ou presentar un documento onde afirman que “o espazo protexido Rede Natura 2000 Enseada de San Simón esta a 700 metros augas arriba de Pescanova”, cando realmente está a cero metros, pois o LIC linda con Pescanova.


Boletín Oficial del Estado

Resolución de 20 de octubre de 2005, de la Secretaría General para la Prevención de la Contaminación y el Cambio Climático, por la que se adopta la decisión de no someter a evaluación de impacto ambiental el proyecto de «Muelle de atraque. Ría de Vigo. Chapela, Pontevedra», promovido por Pescanova Chapela, S.A.

Recomendamos vivamente a súa lectura. Para facelo, preme aquí



Velaí o que nos contan sobre todo isto desde a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón:

“Na fase administrativa denunciamos varias veces por escrito á Autoridade Portuaria de Vigo (APV) que a zona ocupada por Pescanova si está incluída na Rede Natura 2000. Contestaron que iso non era competencia deles (palabra máxica cando se quere escorrer o vulto).


Pescanova e Frioya: fan boa parella...

O 28 de xullo de 2006 a APV deulle autorización administrativa a Pescanova para facer este dragado e recheo. Presentamos Recurso potestativo de reposición, en tempo e forma, con todo tipo de argumentos de peso, sendo non admitido a trámite en decembro de 2006. Finalmente, e despois dun complexo traballo para reunir probas e encargar informes técnicos, interpuxemos recurso contencioso administrativo o día 19 de xaneiro de 2007 contra a APV, solicitando a suspensión cautelar das obras que levaban en marcha dende mediados de novembro. De momento non accederon á suspensión precautelar (achegamos texto do Auto [Precautelar 1, Precautelar 2]) esperando ter mais sorte no seguinte paso que é o da suspensión cautelar.

Anteriormente, en setembro de 2006, enviamos ó Comité de Peticións do Parlamento Europeo este expedinte, que foi admitido a trámite e se atopa en período de investigación. Achegamos texto da carta recibida en este sentido”.


Dragando no LIC

Aucosa


“Auxiliar Conservera SA” é unha empresa que fabrica fariñas de peixe para piscifactorias. Produce tamén un espantoso fedor denunciado en múltiples ocasións polos veciños no Concello de Redondela sen obter resultado nin resposta. Sobre todo é no verán cando o cheiro resulta realmente insoportable.

Nos anos 2005 e 2006 puxeron en marcha unhas obras de desmonte da ladeira do monte co que limitan, con obxecto de ampliar a factoría. A Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón denunciou estes feitos ó Seprona, ó Fiscal de Medio Ambiente e ó Concello de Redondela, conseguindo parar as obras durante uns meses. Ó final, a empresa presentou un proxecto máis "brando" que foi aprobado polo Concello, polo que derrubaron parte da ladeira.

Máis recentemente, presentaron solicitude de competencias na Autoridade Portuaria de Vigo  para ampliación da factoría.

Nas fotos pódese apreciar o desmonte, e os tubos de vertidos ó mar sen depurar, e os "nobres" materiais que forman parte da escollera do recheo.







VOLVER Ó MAPA