|
|
|
PONTESA
Velaí, no centro da foto, as instalacións hoxe pechadas de Pontesa (Alfares de Pontesampayo SA) unha fábrica de louza da que, en tempos, tiña a familia do xeneral Franco un bon paquete de accións.
A enseada de San Simón é un paradigma de contaminación por metais pesados de procedencia industrial. Os estudios referidos a este tema achacan as causas desta contaminación a distintas orixes, pero os vertidos desta industria cerámica levan todos os premios no que a chumbo se refire.
Os niveis de contaminación por este metal nas proximidades da vella factoría son elevadísimos, e esténdense por toda a enseada.
Por se este souvenir dos seus tempos de actividade fora pouco, aínda se poden ver polos arredores os bastos montes de lousa que a factoría verteu incontroladamente durante aqueles anos, testemuña muda e proba irrefutable do longo abandono no que esmorece o noso patrimonio natural, nunha zona dun interese ecolóxico altísimo, teoricamente protexida pola Rede Natura 2000.