http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 16 de Xuño de 2009:





Este sábado máis que nunca
a Ría de Vigo precisa de ti:



MANIFESTACIÓN AUTORIZADA EN DEFENSA DO SALGUEIRÓN


Sábado 20 ás 20:00 h.
desde a Alameda Vella de Cangas
convocan:

Na zona mariña de Massó que pretende estragarse coa construción do porto deportivo faenan arredor de 500 persoas. Dela tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, navalla... Os seus fondos de maërl son especialmente ricos en biodiversidade, dos máis ricos da ría, e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies.

En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2 para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido: Espazo Natural Barra–Cabo home.


Desde hai máis de tres anos a oposición veciñal artellada en torno ao Foro Social de Cangas evitou o inicio das obras coa súa presencia diaria no lugar para impedir o paso das máquinas, resistindo sempre pacificamente. Tres anos. Diariamente. Pacífica e pacientemente.

Así foi ata que, desde o pasado luns día 25 de maio, seis furgóns da Garda Civil e máis de 20 axentes están a protexer o desenvolvemento dos traballos dunha obra manifestamente ilegal.

Tres anos de resistencia pacífica e diaria do Foro Social e dos mariñeiros de Cangas,
ben merecen o noso apoio un día:
O sábado tod@s á Alameda Vella!!!

S.O.S. MASSÓ

ATENTADO ECOLÓXICO

PERDA DE 500 EMPREGOS NO MAR

O MÁIS GRANDE PELOTAZO ESPECULATIVO DE GALICIA

PRIVATIZACIÓN DO MAR E O LITORAL

ILEGALIDADE E PREPOTENCIA POR PARTE DE MARINA ATLÁNTICA

USURPACIÓN DE TERREOS PÚBLICOS

BURLA Á ORDENACIÓN URBANÍSTICA

CARENCIA DE LICENZAS MUNICIPAIS

ACTUACIÓN MEDIANTE FEITOS CONSUMADOS

TRAMITACIÓN FRAUDULENTA E ACTUACIÓN CORRUPTA DA AUTORIDADE PORTUARIA

UTILIZACIÓN DA GARDA CIVIL CON FINS PRIVADOS ILEGAIS

TRAIZÓN A PROGRAMAS E ACORDOS DE GOBERNO

ATAQUE AO PEQUENO COMERCIO

ABANDONO DO PATRIMONIO E DESPREZO Á NOSA IDENTIDADE

DEIXAMENTO DE COMPETENCIAS MUNICIPAIS

DESLEIXO XUDICIAL

MANIPULACIÓN DA INFORMACIÓN

CRIMINALIZACIÓN DA OPOSICIÓN AO PORTO

O momento de paralo é
AGORA


MANIFESTACIÓN, O SÁBADO 20
ÁS 20 HORAS,
DENDE A ALAMEDA VELLA DE CANGAS
ATE O SALGUEIRÓN

convocan:

Comentarios actuais

0 comentarios até agora (pon o teu)

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:



Teclee estes caracteres:


Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.